miércoles, 14 de agosto de 2013

A "XENTE"

Unha reminiscencia das primitivas estruturas sociais de Galicia é o concepto de "xente". É común en parte do Ribeiro e nas terras de Maside e O Carballiño referirse á familia extensa como a "xente”. Pertencer a unha determinada "xente" implica unha relación familiar directa, aínda que non necesariamente estreita.
Para entendernos, unha "xente" equivale máis ou menos a un "clan", un grupo que ten un antepasado común no que os seus membros son parentes de sangue. Quizais o termo proveña das voces latinas "gens" ou "gentilitas", que nun sentido amplo teñen un significado similar ao que agora lle damos a "tribo" e "clan".
En realidade, é difícil rastrexar a orixe desta denominación, especialmente porque a supervivencia das estruturas sociais a tan longo prazo é cando menos cuestionable, pero en calquera caso é curiosa e característica de algunhas zonas de Galicia. Normalmente úsase un apelido para acompañar o termo, aínda que xa ninguén o leve realmente ó terse perdido co tempo.
A "xente" non é un sinónimo da "familia", ó ser ésta moito máis restrinxida no número de membros e na circunstancia de que esta designa aos parentes máis próximos, ó contrario que a "xente" que se refire a todos os que descenden dun antepasado común, con independencia de que esta relación se remonte a 80 ou 800 anos.


martes, 13 de agosto de 2013

Gentes de Villar de Rey (Cenlle, Ourense).

Esta anécdota implica a un vecino de Villar de Rey: ”Viña unha vez o Pegerto para casa á noitiña pola carretera nacional, cerca de Xubín, que antes tiña máis curvas que agora  e non era tan ancha. Como fora cobrar uns piñeiros traía cartos e, aínda que era un home fuerte era algo medrán polo que levaba unha pistola no bolsillo por si lle saían ó camiño. Nunha revolta sentiu algo de ruido na carretera, como non se vía nada berrou: “alto, quien vive” e montou a pistola para disparar si era o caso. A voz que lle contestou dixo:”quien da el alto a la Guardia Civil”. O Pegerto tirou a pistola o máis lonxe que pudo e non a volveu atopar máis. Os guardias oiran montar a pistola e tamén sentiron que a tirara, porque de noite os ruidos aumentan moito e síntese todo pero como o coñecían quedou así a cousa….”.

                                                        Contado por Juan Mª González Lamas.

Voz: "tupino" (Cenlle, Ourense).

El término gallego "tupino" se aplica a las reses, especialmente a los bueyes ("boi tupino"), que presentan malformaciones en las pezuñas que les impiden pisar adecuadamente, caminando como si fuesen "de puntillas" y mermando notablemente su capacidad de arrastre.