miércoles, 14 de agosto de 2013

A "XENTE"

Unha reminiscencia das primitivas estruturas sociais de Galicia é o concepto de "xente". É común en parte do Ribeiro e nas terras de Maside e O Carballiño referirse á familia extensa como a "xente”. Pertencer a unha determinada "xente" implica unha relación familiar directa, aínda que non necesariamente estreita.
Para entendernos, unha "xente" equivale máis ou menos a un "clan", un grupo que ten un antepasado común no que os seus membros son parentes de sangue. Quizais o termo proveña das voces latinas "gens" ou "gentilitas", que nun sentido amplo teñen un significado similar ao que agora lle damos a "tribo" e "clan".
En realidade, é difícil rastrexar a orixe desta denominación, especialmente porque a supervivencia das estruturas sociais a tan longo prazo é cando menos cuestionable, pero en calquera caso é curiosa e característica de algunhas zonas de Galicia. Normalmente úsase un apelido para acompañar o termo, aínda que xa ninguén o leve realmente ó terse perdido co tempo.
A "xente" non é un sinónimo da "familia", ó ser ésta moito máis restrinxida no número de membros e na circunstancia de que esta designa aos parentes máis próximos, ó contrario que a "xente" que se refire a todos os que descenden dun antepasado común, con independencia de que esta relación se remonte a 80 ou 800 anos.


No hay comentarios: