O Monte do San Verísimo tivo ata o século XIX unha capela adicada ó santo
que lle outorga o topónimo. Esta capela de pranta rectangular tiña ó redor un adro
pechado. Na actualidade aínda se atopan restos do cachote de gneis que
conformaba o aparello dos muros e tamén algunhas tellas do país moi
fragmentadas.
Os Santos Verísmo, Máxima e Xulia foron tres irmáns martirizados en Lisboa
o día 1 de Outubro do ano 304. Estas advocacións adoitan ser moi antigas
datándose algunhas no século IX (Martirologio de Usuardo).
Este lugar é tamén un dos fitos divisorios entre as parroquias de Villar de
Rey e Cenlle, xunto cun afloramento rochoso atopado no cortalumes cara a parte de A Torre e do Coto da Forca
cara o San Amaro. A Parroquia de Vilar de Rey alcanzaba o espacio que se podía
ver dende o adro da igrexa parroquial, sendo o San Verísmo un dos lindes o se
tratar dunha divisoria doadamente identificable. Hoxe o linde parroquial foi
cambiado de xeito arbitrarío, aínda que se pode ver a rectificación “a man
alzada” no Xurado Provincial de Montes que indica o territorio parroquial en
toda a súa magnitude.
Este Monte do San Verísimo ten a particularidade de ser un dos puntos de triangulación
empregados por Domingo Fontán entre 1817 e 1834 para a elaboración do seu mapa
de Galicia impreso en 1845, que foi un dos primeiros mapas “exactos” dun
extenso territorio que se fixeron en
España e aínda no mundo en aquela época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario