sábado, 16 de julio de 2016
O camiño de Señorín a Mesego no Carballiño.
Os camiños antigos que caeron en desuso van desaparecendo pouco a pouco. Este era o vello camiño que dende Mesego se achegaba ata Señorín pola beira da igrexa parroquial. Era un camiño para percorrer a pe ou en sela porque o seu ancho e as escaleiras que salvaban a pendente preto da igrexa de Señorín non permitía o paso dun carro.
Como moitos outros camiños que compuñan a trama viaria da contorna do Porto do Carro foron desaparecendo uns por desuso, outros simplemente foron pechados e algúns incluso foron roubados polas propiedades lindantes.
Fotografía do "Vuelo Americano serie B".(1957)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario