Esta anécdota implica a un vecino de Villar de Rey: ”Viña unha vez o Pegerto para casa á noitiña
pola carretera nacional, cerca de Xubín, que antes tiña máis curvas que agora e non era tan ancha. Como fora cobrar uns
piñeiros traía cartos e, aínda que era un home fuerte era algo medrán polo que
levaba unha pistola no bolsillo por si lle saían ó camiño. Nunha revolta sentiu
algo de ruido na carretera, como non se vía nada berrou: “alto, quien vive” e montou
a pistola para disparar si era o caso. A voz que lle contestou dixo:”quien da
el alto a la Guardia Civil ”.
O Pegerto tirou a pistola o máis lonxe que pudo e non a volveu atopar máis. Os
guardias oiran montar a pistola e tamén sentiron que a tirara, porque de noite
os ruidos aumentan moito e síntese todo pero como o coñecían quedou así a cousa….”.
Contado por Juan Mª González Lamas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario