jueves, 18 de febrero de 2016

Ervededo, Cenlle. Repartimento de 1041 reales y 20 mrv.

Documento da Contribución Directa correspondente á Parroquia de San Andrés de Ervededo (hoxe desaparecida e adscrita a Razamonde), do tercio do mes de xuño do ano económico de 1821.

Dn. Bernardino de Prado y Fuentes. Documento privado

Documento privado de compra-venta datado en Villar de Rey (Xurisdicción de Roucos, Cenlle) en 6 de xaneiro de 1824 e redactado por D. Bernardino de Prado y Fuentes, fidalgo, abogado e veciño do lugar. 

Todos os intervintes (José Pérez, Domingo Varela e Juan Lorenzo), son parentes en diverso grado, polo cal evítanse complicados formulismos e aínda o papel timbrado que se poden observar noutros documentos semellantes.



domingo, 7 de febrero de 2016

Cruceiro da Igrexa Vella no Carballiño

O cruceiro da Igrexa Vella, hoxe na Eira de Flores desprazado do seu vello lugar fronte a Igrexa Vella no centro do pobo seica estivo antes tras do edificio do concello. Segundo relato de Juanita ("a Amarilla", hoxe xa desaparecida e persoa moi coñecida no pobo)este cruceiro atopábase en tempos no camiño que sobe por Flores, fronte "ó cárcere" e foi trasladado sendo ela pequena, acordáballe pois foi a cerimonia do traslado que se celebrou cunha procesión e a bendición do novo lugar.

viernes, 27 de marzo de 2015

O Foro de Paredes en Trasariz, Cenlle)

Documento dun Foro da Casa de Paredes, datado en 25 de Abril do Ano de 1776. 

"Copia de foro para el Señor Marqués de Figueroa" Poder. En la villa de Pontebedra a veinte y dos dias del mes de Diciembre año de mil setecientos setenta, y cuatro Yo Don Balthasar Manuel Pardo de Figueroa Duque de Estrada y Lemus, Marques de Figueroa, y de la Atalaya...." (seguen varias follas, documento completo).



O lugar de Paredes é un conxunto de construccións localizadas preto de Trasariz que configuran un espacio diferenciado. Na actualidade somentes se conservan das vellas construccións citadas algunhas ruinas que podemos datar cando menos en 1776. 

O documento consérvase completo e pertenceu a Don Juan Antonio de Prado, veciño de Villar de Rey en Cenlle (ca. 1740).

Juan M. González de Carballo.



Os Coios Brancos. Vilar de Rey

O lugar dos Coios Brancos é un topónimo que atopamos no monte comunal de Vilar de Rey (Cenlle) e demostra como un fito natural, neste caso un afloramento de seixo branco (cuarzo), configura a denominación dos espacios rurais. Este afloramento de seixo, que noutrora era visible a gran distancia no monte raso e actualmente está semioculto pola vexetación e afectado por traballos forestais, é un elemento etnográfico máis a conservar, ó definir de xeito moi ilustrativa a ancestral relación entre toponímia e topografía.

viernes, 5 de septiembre de 2014

Castro de Cabeceiros (A Veiga, Ourense)

Un castro en Prada (A Veiga).
"Descripción. Visibilidade: para as estructuras defensivas é boa-media, no resto do emprazamento e media –baixa. Características do en
clave: a fortificación atópase situada nunha ladeira sobre un pequeno promontorio rochoso. Ten como defensas dous recintos amurallados completos con terraplens e foxos (dobres polo norte). Murallas de 2,5 a 3 metros de espesor e preto de 4 m de altura conservada na cara norte, feitas en cachote de pedra local (granitos e xistos) e cun recheo de terra, algúns restos moi miudos de pizarra completan os materiais á vista. Outra muralla parcial pouco apreciable cecáis dobre polo norte que é a zona de máis doado acceso. Malia atoparse en pendente está é moi levadeira de feito que tivo que reforzarse a defensa norte, leste e oeste con grandes traballos de construcción. A cara sur cecais teña tamén importantes obras aínda que nesta primeira aproximación non nos foi posible inspeccionar todo o recinto. Descoñecemos o acceso orixinal ó poboado. Cara o leste ábrese un amplo espacio cáseque de chaira no que foron feitas varias terrazas aínda que non as podemos situar cronolóxicamente. A provisión de auga está asegurada polos regatos que baixan das montañas e na actualidade non hai que andar máis de 200 m. para atopar auga, os nacentes destes regos tamén se atopan próximos. As dimensións estimadas son de 110 m no eixo N-S e 150 m no eixo O-L. A superficie interior sen contar os foxos e de preto de 10000 m². ó norte do castro cara a pista hai un amoreamento de pedras moi próximo, que se semella pola súa estructura, ás chamadas mámoas de Meda xa que incluso conta cun “foxo” centrado. Como as mamoas de Meda semella un amoreamento producido pola labranza das terras e non o relacionamos cun elemento arqueolóxico prehistórico. Contexto arqueolóxico: os xacementos máis próximos que atopamos no contorno son o Castro de O Castelo e as Mámoas de Pedra Ma, situados ambos ó sur do castro que nos ocupa".
Fuente: Ficha de catalogación. Juan M. González de Carballo, arqueólogo

lunes, 1 de septiembre de 2014

La Capellanía de San Lorenzo en Ervededo (Cenlle).

"En 1679, Don Lorenzo Romero funda unha capellanía colativa e familiar na parroquia de San Andrés de Ervededo (Cenlle). Esta Capellanía levará a advocación de "San Lorenzo y Ánimas". Co tempo, cara a 1863, a parroquia de Ervededo desaparece e agrégase na súa maior parte á de Santa María de Razamonde. En 1697 Don Lorenzo Romero é titular da Capellanía do Espíritu Santo de San Andrés de Ervededo e, en 1705 Don Lorenzo que estudara no Seminario de Ourense, aparece bautizando a un neno na parroquia de Santa María de Cenlle, sustituindo o cura titular, o Licenciado Don Bernardo Salgado. No ano de 1906 un familiar de Don Lorenzo, Don Francisco Lamas de Prado (veciño de Villar de Rey) solicita a conmutación de bens e máis a redención de cargas da dita Capellanía para que retornen á propiedade da súa familia, por un importe de cáseque 2000 pesetas, expediente que se resolve ó seu favor en 1907." 

  Nota de Juan Manuel González de Carballo.